INAGURADAS LAS INSTALACIONES DE LA PRIMERA COOPERATIVA DE CARACOLES DE GALICIA – AGRICULTURA Y PESCA

A Cooperativa Galega de Productores de Caracol (COGAPROCA), a primeira cooperativa galega en apostar pola cría destes moluscos, abrirá mañá as portas das súas novas instalacións sitas en Raxoi, concello pontevedrés de Valga. Esta iniciativa, pioneira en Galicia, atopou no cooperativismo a forma de organización idónea para a producción e comercialización destes helícidos, que son demandados por mercados como o catalán, o vasco, o madrileño e o francés. A helicicultura amósase no agro galego como unha alternativa productiva con grandes perspectivas de futuro, posto que existe unha demanda de máis de 300 toneladas sen cubrir. Cunha pequena inversión en instalacións e cría, en a penas 8-9 meses de engorde, a rendibilidade nunha superficie de mil metros cadrados é dunhas 600.000 pesetas netas. Na pasada campaña, esta sociedade chegou a recoller o caracol a un prezo medio de 400 pesetas ó quilo, acadando entre os meses de decembro e febreiro prezos de entre 650 e 900 pesetas. Dende COGAPROCA, socia da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), subminístrase a cría e os pensos para alimentala, así como se asesora ós helicicultores e se lles vende material para a instalación destas granxas. Actulamente, Galicia conta con explotacións helicícolas en Guitiriz, Lugo, Modoñedo, Outes, Pontecesures, Santiago, Muros, Tui, Vedra e Valga. A superficie que se adica o engorde destes moluscos terrestres é duns 13.000 metros cadrados. Durante a inauguración das novas instalacións desta cooperativa, que correrá a cargo do conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, Cástor Gago, os asistentes percorrerán as dependencias e degustarán pratos elaborados con estes helícidos.

MAPA NOTAS

3 respuestas a «INAGURADAS LAS INSTALACIONES DE LA PRIMERA COOPERATIVA DE CARACOLES DE GALICIA – AGRICULTURA Y PESCA»

Deja una respuesta